13 de febreiro. IES Isidro Parga Pondal. Galizia. Facía bastante frío. Nun espacio bastante grande; o que sinceiramente énos difícil encher de luz. Sobre todo cando hai problemas de tensión e cae o diferencial. Mais... "encher de luz", "tensión" "caer o diferencial"... non soa todo excesivamente platónico? non son precisamente os conceptos que marcan a caverna e a súa dialécitca de presencia e fuxida? Pois vese que efectivamente si que estivemos a facer o que tiñamos que facer: re-crear a caverna.
Comezamos ben. Quizais con máis forza e "fame" a primeira sesión que a segunda. Tamén había máis alumn@s. En xeral, coido que marcamos ben as paradas, xa dende o principio, como contendo toda esa "descolocación" e "asombro" que produce a caverna. Nós entendemos: que non se trata dun relato lineal; que forzamos incluso as simultaneidades, que non é teatro ao uso; senón performance e instalación. Un profesor nos dicía "está ben, pero falta algo de diálogo"; nós respostamos: na caverna de Platón propiamente non hai diálogo; ao contrario, o diálogo acontece no suposto afora platónico. A caverna é un espacio físico, de tensións (no pescozo por exemplo) debido á importancia, á captura da atención e da mirada. Na caverna, no interior, hai xestos, insinuacións, poses, asombro e medo. A ser descuberto. A que @s demais desconfíen de ti. Do que viches. De aonde miras. Na caverna hai, por iso, traxedia.
Estamos en LABoral Centro de Arte y Creación Industrial do 9 ao 15 de decembro 2011, e en colaboración con Hangar, no Taller de Telepresencia con Hangar. É obxectivo deste encontro: "generar un espacio de experimentación con las nuevas tecnologías en el ámbito de la telepresencia. Se trabajará en la apertura de diferentes estaciones/espacios desde donde intervenir y comunicarse en remoto mediante el testeo de herramientas que permiten una comunicación interactiva a través de: el intercambio de datos, la alteración de las condiciones sensoriales y ambientales, sistemas de control a distancia o la creación de espacios virtuales a partir de la Realidad Aumentada". Pero ademais dun encontro técnico, atenderase á cuestión crítica no emprego destes espazos e a súa xestión en referencia ao institucional e a biopolítica.
Neste contexto, as nosas investigacións sobre herméTICa, interfaz, esquizoanálise entre outras... apuntan seguramente cara este novo espazo, en grande medida ainda por definir, no que converxen o espazo público e o privado, a exposición máis absoluta na rede e a intimidade e cercanía das salas, os corpos, as imaxes, os sensores cos que traballamos.
Last Updated ( Sunday, 27 November 2011 15:45 )
ESQUIZOANÁLISE TAR0T canle tv
Written by Anónimo
Tuesday, 01 March 2011 00:00
Inauguramos esta primeira canle tv ESQUIZOANÁLISE TAR0T [pode que nos mudemos pronto a outra] onde iremos subindo os arquivos das sesións. Deixamos de paso un vídeo sobre Imaxe-cristal, 10ª carta/escena do tar0t esquizoanálise en tempo real, emitido dende Baleiro, canle de produción entre o 22-24 febreiro. Espazo sonoro: Alg-a. Bailan: DLoira & Isa. Colabora USC Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Socidade.
Adobe Flash Player not installed or older than 9.0.115!
Last Updated ( Friday, 27 May 2011 10:17 )
video caverna CEE por elsursemueve
Written by Anónimo
Tuesday, 15 June 2010 00:00
Obrigad@s a Pablo de El sur se mueve & Javi Turnes pola elaboración deste vídeo. Apertas!
Adobe Flash Player not installed or older than 9.0.115!