Home O espírito de Hegel bibliografía relacionada A voz e o fenómeno de Jaques Derrida
A voz e o fenómeno de Jaques Derrida PDF Print E-mail
O espírito de Hegel - bibliografía relacionada
Written by Anónimo   
Saturday, 21 November 2009 00:00

Neste texto un dos xa clásicos do pensador faise unha análise a noción de suxeito e identidade no suxeito husserliano da fenomenoloxía e a súa relación coa enunciación. Hai, segundo Derrida, unha independencia clara, ou contida, da expresión ao respeito tanto do obxecto como do suxeito. Husserl coa súa fenmenoloxía investigou a independencia da expresión, do querer dicir, co obxecto, sentando así as bases dun novo paradigma da subxectividade. Mais incluso, a intuición última da que fala Husserl podemos atopala na expresión mesma, hia unha intención e polo tanto unha tensión no querer dicir, que responde por si soa no enunciado mesmo, na voz, alén de toda referencia externa que a sitúe, dun lado ou doutro, do obxectivo ou do subxectivo. Cabe un discurso sen suxeito; incluso: todo enunciado ten esa potencialidade. O cal nos fai pensar tamén na fenomenoloxía hegeliana: a voz da razón alén dun suxeito-identidade que a enuncie. Evidentemente isto non foi exactamente o que pensou Hegel, mais si en certa maneira. Pois Hegel pensou alén do suxeito individual, e non alén dun suxeito universal que sería de facto a razón, o Espírito, etc. Con todo, Hegel, manifestaba que el estrictamente non escribira a fenomenoloxía do Espírito, senón a mesma Razón, o mesmo Espírito como suxeito universal. O que engade o texto de Derrida a este respeito é bastante: ou algo importante. Deixa á luz, por exemplo, cómo toda a gramática hegeliana da Fenomenoloxía do Espírito non termina por referirse a si mesma nin de emancipar unha sorte de auto-conciencia con algun tipo de sustancia que pre-exista, nin que se auto-determine. Pola contra, esta auto-determinación é ionsustancial, e o referirse a si mesmo da sustancia, da razón, do Espírito como autoconciencia, non é senón un xogo, unha posibilidade mesma da expresión, que non apunta cara ningunha identidade previa ou constituida con carácter ontolóxico. Non hai esa posibilidade. Non hai ese repouso, ese residuo ontolóxico da sustancia subxectiva; ou polo menos non existe senón como sombra, bucle, ou mellor: in-siste... A gramática hegeliana non amosa o despregamento dunha substancia agazapada no sistema do Ser e do enunciao (suxeito + predicado...) senón a virtualidade desta mesma estructura, e o seu potencial espectral de creación.  

 fragmento texto Derrida en pdf. 

Last Updated ( Saturday, 21 November 2009 12:34 )
 
 
Valid XHTML 1.0 Transitional
Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.