Home O espírito de Hegel outros arquivos abrir a boca: posíbel adicción do Logos
abrir a boca: posíbel adicción do Logos PDF Print E-mail
O espírito de Hegel - outros arquivos
Written by Anónimo   
Wednesday, 03 February 2010 00:00

Entre o home (humano) e o animal hai precisamente iso; un entre. Un entre que ocupa a besta, ou polo menos certo tipo de imaginário, que non corresponde propiamente non a home, nin a animal... Entre o home e o animal está a escuridade; dun tránsito. Está a noite da conciencia e a súa excitación molecular. Os saltos cuánticos, as súas intensidades e implosiones, os devires transversais que percorren o interno, máis tamén voltos cara afora. Pura exterioridade do interior resoante na superficie.

 

O aberto, a besta, a súa noite xunto a árbore seca, do coñecemento. Non hai dicir que non sexa compartido; non hai suxeito que poida falar, compartir unha gramática senón é alén de si mesmo. Na comunidade, comunicativa; que constitúe segundo Hegel o reino da ética. Ou o Imperio do Funcionalismo. En todo caso, os mecanismos, e a súa tecnoloxía, non se poden entender senón acontecen nun campo máis amplo que descoñecen. Quero dicir: un campo no que descoñecen as súas causas-efectos. E incluso máis de un. Necesariamente. A sospeita e a posibilidade de descoñecemento (que se ten ao activar un mecanismo) crece até o infinito como posíbel. 

 

Non hai outra cousa que unha voz. Que se repite. En eco. En resonancia. Nun espacio de silencio. De silencio ruidoso. Ou polo menos presente. Porque o micrófono tan só recolle o suspiro. O mínimo. O alento sen Logos. A palabra sen concepto. A tecnoloxía en si, a gramática do reverb. O estruendo metálico. O himno do Acontecemento.

 

Ao abrir a boca, cando se abre esta ao estómago, cando se abre intestinalmente, visceralmente, e se agarda, se para, se detén, se contén, antes da súa dicción. A boca contida antes da súa dicción. Nin contradicción, case pre-dicción, en todo caso a-dicción; efectivamente, adicción e o a-dictivo do Logos.  

 

O adictivo do Logos sería algo así coma súa teima. Pero antes que nada habería que relacionala cos Afectos. A Adicción pon efectivamente en movemento aos Afectos, que son as intensidades do corpo sen órganos. Afectos antes que conceptos pertencen ao Logos no seu dominio A-dictivo. O adictivo do Logos, a adicción do Logos, aquela que pon en marcha o réxime dos Afectos.

 

Neste senso, un teatro da crueldade e do desgarramento ten moito que ver con esa imposibilidade manifesta do Logos a articularse. Non é posíbel a súa articulación, e así, a súa gramática queda precisamente en suspenso, como unha absoluta potencia, unha gramática invisíbel e espectral, instaurada no silencio, e sobre el incluso, o ruido, infinitesimal, que medra e interacciona, mutlivocamente, azarosamente, por resonancia. Propiamente, a relación entre a potencia da articulación e a súa imposibilidade adicitiva crean e expoñen o desgarramento, como lugar estereotipado da conciencia.

 

Instante de desgarramento, tránsito. A potencia do grito; mais como absoluta potencia ese grito non é senón: a súa imposibilidade. soamente por ser imposíbel a gramática, por non atender a unha articulación que a sosteña, o grito queda formulado como potencia; e por elo, contido; pero seguramente non frustrado. 

 

A boca da noite. Ese lugar escuro e húmido. A incapacidade da dicción. Pero a audicón dun silencio sonoro. O seu silencio sonoro. O grito sordo. O grito implosivo. A delirio sobrio. O estruendo opaco. O negro que estoupa.

 

Máscara e Fenómeno. O fenómeno da noite. A excitación das partículas escuras. O seu non-axenciamento. O seu Caosmos. A súa hetereoxeneidade dispar, desigual. A noite da memoria. O enxendro dos soños. O potencial do imaxinário. 

A adicción é a im-posibilidade de dicir, o instante de silencio, a inmobilidade absoluta, polo menos exterior; a revolución interior, ante un pequeno detonante que nos excita. Na adicción, xusto no seu instante, ponse de manifesto a nosa potencia, e así como podemos sucumbir e facernos que nos leve a un caleixón sen saída, terminal, afundimento; no seu fío, está sen embargo, toda a potencia liberadora do mecanismo e da produción desexante. Manterse na a-dicción, conservar a súa incapacidade, a súa impotencia; xamais poderemos consumar ningunha das nosas adiccións, por pequenas que sexan; todas nos abren o inmenso do deserto, da noite, sen fin.

(en relación co texto de Félix Guattari, Los adictos maquínicos -http://caosmosis.acracia.net/?p=906). 

Last Updated ( Friday, 07 May 2010 17:40 )
 
 
Valid XHTML 1.0 Transitional
Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.