Home A caverna de Platón vídeos de presentación VÍDEO PORTO DO SON
VÍDEO PORTO DO SON PDF Print E-mail
User Rating: / 0
PoorBest 
A caverna de Platón - vídeos de presentación
Written by Anónimo   
Friday, 23 April 2010 00:00

GRAZAS inmensas ao IES de PORTO DO SON, aos profesor@s Anxela do Val e Isidoro (Filosofía), ao proxecto VINTE10 de SONCINE, aos alumn@s Raquel e David, cámaras nesta gravación, polo material xerado, o interese amosado, e coidado posto nesta produción; satisfácenos enormemente dar pé a este tipo de traballos e que O TEATRO RESOANTE vaia alén do seu dominio e xere materiais e actividades que se lle escapen e por riba, teñan cabida nunha asignatura de interese pedagóxico tamén.

 vídeo de A caverna de Platón en Porto do Son

valoramos:

  • que o proxecto xere outros materiais cunha execución autónoma e até unha lectura autónoma, realizada non estrictamente por nós, o que dá qué pensar sobre a interactividade do proxecto.
  • que se confirma o feito de que é importante un aula de audiovisuais nos centros, pois é unha "industria" incipiente, vinculada ás humanidades, e á filosofía, e que se dea así, parécenos xenial e oportuno, e incluso se ve que pode ser así para @s alumn@s, que se ven estimulad@s. 
  • o bo ambiente e a colaboración IES PORTO DO SON/teatro resoante, directamente, independentemente das posíbeis mediacións.
  • que o vídeo, está ben feito, orixinal, cunha estructura post-narrativa moi contemporánea, a través da simultaneidade; inesperadamente moi acorde co propósito e espírito do noso proxecto
Last Updated ( Friday, 23 April 2010 15:50 )
 
 
Valid XHTML 1.0 Transitional
Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.