|
Nesta sección tratarase o uso das substancias: as "drogas"... polo ser humano e o seu influxo na nosa vontade. Desde un consumo variado na xuventude, pasando por un uso máis exclusivo de tabaco e alcol nos máis adultos, e incluindo, cómo non, o uso moitas veces indiscriminado de pastillas e medicamentos que poden ser recetados dentro do mesmo sistema... cada vez máis a modernidade europea ten botado man de algo externo, dunha substancia allea, para garantir a súa verdade, o seu punto de vista, a súa firmeza e consistencia ante un mundo que se descompón... O mesmo pasoulle a Descartes, xa no século XVII cando apurado pola dúbida xórdelle a imaxe, a necesidade... do Deus garante... |