Home O espírito de Hegel
O espírito de Hegel

Repetición; en vez de dialéctica. Formación dun plano inmanente de produción espiritual que non deixa nada fóra. Que non ten afora. Bucle dos mecanismos de enunciación e a voz, a respiración, o espírito; que non deixa de producirse incluso no noso estrato máis baixo; na besta que descansa, na súa aparencia pacífica de máxima resolución. O Camiño a COMPOSTELA (COMPOSTELA!! mesmo) como fenomenoloxía. A Fenomenoloxía como repetición de superficies, instante en vez de Camiño! Libre xogo repetido dos dispositivos. Unha Fenomenoloxía posta en algoritmo, sen negativo, o propio cadáver suposto do idealismo é tamén corpo sen órganos de produción. 2ª performanc de o teatro resoante. Compostela!! (o espírito de Hegel).

 

"O comezo do novo espírito é o producto dunha longa transformación de múltiples e variadas formas de cultura, a recompensa dun camiño moi sinuoso e de esforzos e desvelos non menos arduos e diversos" Hegel, Fenomenoloxía do Espírito. 1807.

 
Valid XHTML 1.0 Transitional
Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.